Diario de aula (temas 1, 2 e 3): Actividade de comprensión oral: Discovering Venice’s Carnival (Eider Carballeira Domínguez e María Rodríguez Valcárcel)
Actividade de comprensión oral: Discovering Venice’s Carnival Eider Carballeira Domínguez María Rodríguez Valcárcel Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras (2025-2026) Nome da actividade: Discovering Venice’s Carnival Nivel: 1º Bacharelato Temporalización (en que momento se usa, canto dura): Este vídeo é empregado dentro dun conxunto de actividades que se levarán a cabo na última sesión antes das vacacións de Entroido. Esta actividade atópase inserida dentro dun conxunto no que se traballará o Carnaval de tres partes distintas do mundo: Galicia, Venecia e Brasil. Estas actividades levaranse a cabo nunha primeira sesión de 55 minutos, e a presentación do debate final levarase a cabo nunha última sesión. Pre-comprensión: 10 minutos Visionado e escoita: 13 minutos (2 visionados do vídeo, que dura 4:58’). Tempo para a finalizacion da actividade durante o visionado e a súa corrección: 12 minutos Post-comprensión: 15 minutos Sesión a maiores: 50 minutos Obxectivos da actividade...