Comentario crítico do tema 11

Introdución

Existen tres tipos principais de avaliación: a inicial, a formativa e a final. Entre elas, a avaliación formativa destaca como ferramenta fundamental, pois proporciona un feedback continuo que resulta de gran utilidade tanto para o profesorado como para o alumnado. Este tipo de avaliación contribúe directamente á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, posto que lle permite ao alumnado identificar os seus puntos fortes e débiles, para así poder centrarse naquelas áreas nas que precisa máis traballo. De igual xeito, o profesorado pode detectar aquelas cuestións nas que o alumnado presenta maiores dificultades e abordalas de xeito directo. Para que unha avaliación sexa realmente efectiva —independentemente do seu tipo—, esta debe ser transparente, presentar obxectivos claros, manter a coherencia e ofrecer múltiples formas de participación e avaliación. Tal e como apunta Suskie:

[...] ser justos implica proporcionar a los estudiantes no sólo muchas oportunidades, sino también muchas formas diferentes de evaluación, con el fin de garantizarles diversas posibilidades de enseñanza en diferentes contextos culturales. (apud Jácome, 2013, p. 82)

Desenvolvemento

Á hora de avaliar, tal e como se mencionou anteriormente, é fundamental empregar instrumentos variados. Existen numerosas ferramentas coas que avaliar, como as entrevistas, os cuestionarios, os diarios ou os portfolios, entre outras. Malia isto, cómpre ter en conta que non todos os instrumentos son axeitados para todas as situacións. Por exemplo, as rúbricas non sempre resultan necesarias ou pertinentes: nunha actividade de comprensión escrita non resultaría apropiado empregar unha rúbrica, pois non estariamos a avaliar un proceso nin un produto que requira unha gradación de descritores. 

Cómpre ter en conta, ademais, que a elaboración de rúbricas é unha tarefa esixente para o profesorado, pois require tempo, reflexión e planificación. Malia isto, cando son ben deseñadas e empregadas correctamente, constitúen unha ferramenta valiosísima dentro do proceso avaliativo. Unha rúbrica consiste nun conxunto coherente de criterios que avalían o traballo do alumnado, acompañados de descricións dos distintos niveis de calidade en relación con eses criterios. As rúbricas axudan a ensinar, aprender e coordinar, e presentan numerosos beneficios no marco da avaliación formativa, sendo un dos seus instrumentos máis destacados. Ademais, resulta especialmente interesante a coordinación entre departamentos e profesorado á hora de elaborar rúbricas en conxunto, pois favorece a coherencia e a equidade na avaliación.

Volvendo á cuestión da avaliación, esta baséase nunha recollida sistemática de datos para tomar decisións dentro do proceso de E-A. Por ser sistemática, debe ser evidenciada e planificada de antemán. Ademais da avaliación inicial, formativa e final, tamén existen modalidades como a autoavaliación e a coavaliación, que fomentan a participación activa do alumnado. McMillan define a avaliación formativa, sobre a que poremos o foco por ser considerada a máis beneficiosa por moitos docentes e estudosos (e por min mesma), como "la retroalimentación que se le da al estudiante para que tome acciones correctivas sobre su desempeño, encaminadas hacia el mejoramiento. Esta retroalimentación puede incentivar la motivación y aprendizaje de los estudiantes ya que ésta se da según sus necesidades" (apud López, 2012, p. 113). Polo tanto, non só proporciona información ao alumnado, senón tamén ao profesorado. Porén, o seu uso eficaz non está exento de dificultades. Tal e como apunta López:

Las evaluaciones tienen propósitos muy complejos de alcanzar. Por eso el reto más grande que tienen los profesores es poder usar sus evaluaciones de manera efectiva, ya que muchas veces las buenas prácticas en evaluación están en conflicto con las realidades que viven los docentes (McMillan, 2001). Entre estas realidades encontramos el número de estudiantes, la intensidad horaria, los recursos disponibles, el ambiente en el aula de clase, la motivación de los estudiantes, las percepciones que se tienen sobre evaluación, las políticas institucionales, entre otras (López, 2008b). (2010, p. 112)

Neste contexto, cómpre insistir sobre a importancia do feedback. Trátase dunha ferramenta crucial para o alumnado, pois permítelle tomar conciencia da diferenza entre o seu rendemento actual e o rendemento esperado. Para que esta función sexa efectiva, é fundamental que o alumnado dispoña de información clara, completa e comprensible que lle facilite a autoavaliación dos seus resultados. Só deste xeito poderá realizar unha análise crítica do seu traballo e, de ser necesario, poñer en marcha estratexias concretas de mellora. Autores como Lantolf apuntan sobre a importancia do feedback:

Si consideramos el feedback como un proceso y un producto que se genera a partir de la interacción, es decir, de una actividad de mediación que promueve el desarrollo de procesos cognitivos tales como la atención consciente, la reflexión metalingüística y el razonamiento lógico, entonces se convierte en un poderoso recurso de concienciación  lingüística  que  lleva  no  solo  a  la  adquisición  de  la  lengua  extranjera (LE), sino también a la autonomización del aprendiente o lo que, en el marco de la Teoría Sociocultural, se define como autorregulación (Lantolf 2000; Lantolf & Thorne 2006). (apud Bailini, 2020, p. 26).

Conclusións

En definitiva, unha avaliación planificada, variada e que aporte feedback ao alumnado e ao docente constitúe unha ferramenta clave para a mellora do proceso de E-A. A través dunha avaliación formativa coherente e transparente, favorécese non só o progreso académico do alumnado, senón tamén a súa autonomía e reflexión.

Bibliografía

Bailini, S. L. (2020). El Feedback como herramienta didáctica para el fomento de la autonomía en la adquisición de lenguas extranjeras. Philologia Hispalensis, 34(1), 25-39.

Jácome, É. P. (2013). La rúbrica y la justicia en la evaluación. Íkala, revista de lenguaje y cultura, 18(3), 79-94.

López, A. A. (2010). La evaluación formativa en la enseñanza y aprendizaje del inglés. Voces y Silencios. Revista latinoamericana de educación, 1(2), 111-124.

Diario de aula: Actividades do tema 11

  1.  Actividade de rúbrica (Eider Carballeira Domínguez e María Rodríguez Valcárcel)
  2. Deseño dunha avaliación formativa para a mediación creada (Eider Carballeira Domínguez e María Rodríguez Valcárcel)

Comentarios

  1. Hola, María. Antes de nada, me ha gustado mucho cómo has organizado las entradas de tu blog, así como la estética que has elegido. Las ideas son claras, están bien conectadas y pienso que las citas que las complementan son acertadas. En cuanto al contenido, me parece una reflexión muy bien argumentada. Me gusta especialmente cómo defiendes la evaluación formativa no solo desde la teoría, sino entendiendo su impacto real en el aula, tanto para el alumnado como para el profesorado. También me parece muy acertado cómo resaltas la importancia del feedback para fomentar la conciencia y la autonomía de los estudiantes, sin dejar de lado las dificultades reales que supone aplicarlo en el aula.

    ResponderEliminar
  2. Ola María. Noraboa pola túa entrada, as túas explicacións e reflexións reflicten o comprometida que estás con poder ofrecer unha docencia de calidade, ademais da túa referencia a estas citas tan interesantes. Gustoume como comentas que as rúbricas non son sempre o sistema avaliativo pertinente, pois sinto que é posible que caiamos na idea de que como son unha ferramenta tan versátil e completa, xa automaticamente poden servirnos para todo. Mais, coma ti ben expresas, a súa creación require dun traballo minucioso, se queremos conseguir un bo resultado. Como xa comentou a compañeira María Carballal, tamén me parece interesante que menciones a importancia do feedback, pois non podemos pretender que ao alumnado mellore se non lles damos unhas pautas e unhas recomendacións de como levar esa mellora a cabo. En definitiva, estou totalmente de acordo contigo, e agradezo como introduciches os temas, aportando breves explicacións para rematar coa túa reflexión persoal.

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  4. Hola María! Estoy muy de acuerdo con tu reflexión sobre la evaluación formativa y la importancia de recoger datos sistemáticamente y progresivamente.
    Sobre todo, coincido en que la coevaluación guiada por el profesor es una medida muy útil, ya que refuerza la responsabilidad del alumnado, aporta distintas perspectivas y, como vimos en el vídeo que proyectó la profesora, muchas veces los estudiantes se sienten menos intimidados evaluados por sus iguales. Además, si se organiza bien (con rúbrica, checklist o/y un breve entrenamiento previo) la coevaluación favorece la revisión previa del trabajo, así optimizando el tiempo docente, que puede centrarse en los problemas más frecuentes.
    Un abrazo!

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Comentario crítico dos temas 1, 2 e 3

Diario de aula (temas 1, 2 e 3): Actividade de comprensión oral: Discovering Venice’s Carnival (Eider Carballeira Domínguez e María Rodríguez Valcárcel)