Diario de aula (temas 1, 2 e 3): Actividade de comprensión oral: Discovering Venice’s Carnival (Eider Carballeira Domínguez e María Rodríguez Valcárcel)
Actividade de comprensión oral: Discovering Venice’s Carnival
Eider Carballeira Domínguez
María Rodríguez Valcárcel
Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras (2025-2026)
Nome da actividade: Discovering Venice’s Carnival
Nivel: 1º Bacharelato
Temporalización (en que momento se usa, canto dura): Este vídeo é empregado dentro dun conxunto de actividades que se levarán a cabo na última sesión antes das vacacións de Entroido. Esta actividade atópase inserida dentro dun conxunto no que se traballará o Carnaval de tres partes distintas do mundo: Galicia, Venecia e Brasil. Estas actividades levaranse a cabo nunha primeira sesión de 55 minutos, e a presentación do debate final levarase a cabo nunha última sesión.
Pre-comprensión: 10 minutos
Visionado e escoita: 13 minutos (2 visionados do vídeo, que dura 4:58’).
Tempo para a finalizacion da actividade durante o visionado e a súa corrección: 12 minutos
Post-comprensión: 15 minutos
Sesión a maiores: 50 minutos
Obxectivos da actividade:
Comprender información clave sobre un evento cultural
Identificar ideas principais específicos nun vídeo
Desenvolver a capacidade de sintetizar información
Practicar vocabulario relacionado co carnaval de distintas partes do mundo
Promover e fomentar o debate e a expresión oral
Como se desenvolve a actividade:
Pre-comprensión:
Levarase a cabo un pequeno brainstorming no que a docente lle lanzará unhas preguntas ao alumnado, nada máis comezar a sesión:
If we talk about Carnival around the world, what places comes to mind for you? (Se falamos de Carnavais famosos de distintos puntos do mundo, que lugares vos veñen á cabeza?)
Espérase que nese brainstorming o alumnado mencione os tres lugares que se van tratar na sesión: Brasil, Galicia e Venecia. De non ser así, será a propia docente quen, mediante unha presentación de PowerPoint, lles amose estes tres lugares cuxos Carnavais son recoñecidos. Nesta presentación, incluirá vocabulario que poida serlles de utilidade e que se relacione con cada un destes Carnavais. Deste xeito, levarase a cabo unha activación dos coñecementos do alumnado e unha preparación para o vídeo que se lles vai poñer a continuación. Ademais, a docente repartirá folios coas fichas de vocabulario para o estudantado.
A maiores destas listas de vocabulario, achégase tamén un glosario de vocabulario presente no vídeo, que se comentará co alumnado antes de poñer o vídeo para así asegurar a súa comprensión, para así favorecer que non haxa lagoas semánticas durante a escoita do vídeo.
A continuación, a sesión pasará a focalizarse no Carnaval de Venecia, e levarase a cabo o visionado dun vídeo titulado How to survive Venice Carnival as a local.
Actividade durante o visionado:
Entregaraselles unha ficha antes de comezar o visionado do vídeo, dandolles un minuto para que lean as preguntas, e a continuación reproducirase o vídeo.
Post-comprensión:
En grupos de 3 alumnos formados pola docente, o alumnado recibe unha ficha cunha situación comunicativa. Dous alumnos serán turistas que visitan a cidade de Venecia durante o Carnaval; o outro alumno será unha persoa local de Venecia. Os turistas deberán expoñerlle ao veneciano que queren vivir o Carnaval como unha persoa local, facendo preguntas sobre que facer e que non nas datas nas que van estar na cidade. Por outra banda, o local deberá responder a esas preguntas e dar consellos sobre que deben e que non deben facer. Estas preguntas e consellos deberán estar fundamentalmente baseados no vídeo que acaban de visionar, no que, de feito, se fala de cuestións que deben ou non deben facerse nestas datas. En grupos, deberán preparar e practicar un diálogo, que presentarán diante dos compañeiros e a docente ao final da sesión.
Exemplos de preguntas para os locais:
Do you participate in the Carnival?
Do you like the Carnival?
Does the Carnival have any negative implication in your normal life?
Where could I buy a mask?
Exemplos de preguntas ou consellos para os turistas:
What did you know about the Carnival before arriving here?
Have you had time to go on the boat through the canal?
I would avoid the city centre during the main celebrations of the Carnival
You should try the traditional delicacies while you’re in Venice!
Neste apartado, valorarase a participación activa de cada un dos integrantes do grupo, o emprego do vocabulario achegado pola profesora e presente no vídeo e a fluidez na expresión oral. Para que a profesora poida levar a cabo a avaliación desta actividade, noutra sesión, cada grupo sairá diante do resto da clase, e levará a cabo o diálogo que preparou xunto cos seus compañeiros.
Como se agrupan os alumnos: Para a actividade de pre-comprensión non se formarán grupos, pois o alumnado intervirá de xeito espontáneo. Para a actividade durante o visionado do vídeo tampouco se formarán grupos, pois será unha actividade individual. Para a actividade de post-visionado, pola contra, si que se levará un agrupamento dos alumnos, en grupos 3, formados pola profesora.
Materiais da actividade:
Aula de 1º Bacharelato
Ordenador
Proxector
Canva (para a realización de materiais por parte da docente)
YouTube (para a reprodución do vídeo)
Folios con ficha de actividades durante o visionado
Folios con ficha de vocabulario útil da actividade
Avaliación da actividade:
Rúbrica para a avaliación do exercicio durante o visionado
Rúbrica para a avaliación do exercicio posterior ao visionado
Motivación (por que escolleron esta actividade): Esta actividade é escollida por estar directamente relacionada cunha cuestión moi próxima e significativa para o alumnado: o Entroido. Ademais, para aumentar esta proximidade e significación, será levada a cabo xusto antes das vacacións de Entroido.
Trátase dunha festividade coñecida e moi próxima para o alumnado (especialmente para o galego, como é o caso), polo que partir dunha situación coñecida e próxima para eles para coñecer outras manifestacións culturais semellantes (Brasil e Venecia) resultaralles especialmente motivador.
Ademais, o uso dun vídeo real en lingua inglesa aumenta a significación e a contextualización da actividade, favorecendo así a súa implicación e interese. Este enfoque contextualizado, real e intercultural fomenta a curiosidade por outras culturas, ao tempo que promove a participación activa e desenvolve destrezas de mediación, comprensión e expresión en lingua inglesa.
Comentarios
Publicar un comentario