Diario de aula (tema 11): Actividade de rúbrica (Eider Carballeira Domínguez e María Rodríguez Valcárcel)
En base á actividade realizada para o bloque de temas 1, 2 e 3 sobre mediación, tivemos que desenvolver unha actividade consistente na elaboración dunha rúbrica que avaliase a nosa proposta. Nun primeiro momento, ao realizarmos esta actividade, a miña compañeira Eider e eu xa propuxemos unha rúbrica, que fixemos cos poucos coñecementos que tiñamos sobre este tipo de ferramentas naquel momento.
Tras as novas nocións recibidas sobre as rúbricas, as súas características e utilidade, a docente propúxonos revisala. Ao facelo, decatámonos de que a nosa versión inicial requiría varias melloras.
En primeiro lugar, decidimos eliminar un apartado destinado a avaliar a comprensión, dado que nos demos conta de que se trata dunha dimensión difícil de avaliar de xeito obxectivo.
Por outra banda, modificamos a redacción dos criterios, posto que entendemos que as rúbricas, por ser obxecto de uso tanto para docentes como para alumnos, deben ser o máis sinxelas e acesibles que sexa posible. É por isto que decidimos simplificar a expresión e eliminar ou modificar palabras complexas e suprimindo todos aqueles indicadores que fosen ambigüos ou que puidesen xerar dúbidas, tales como "ben", "correctamente", "mal", "incorrectamente", etc.
Ademais, inicialmente asignaramos unhas porcentaxes numéricas para a avaliación de cada apartado, non sendo estas equitativas. Entendemos que isto non é adecuado, polo que decidimos eliminar estas porcentaxes, outorgándolle o mesmo peso a todos os criterios.
Por último, fusionamos dúas categorías que nun primeiro momento consideramos por separado: o debate e a toma de decisións, para simplificar e facer máis coherente a rúbrica.
Avaliación da actividade:
Comentarios
Publicar un comentario