Publicacións

Mostrando publicacións desta data: febreiro, 2026

Diario de aula (temas 1, 2 e 3): Actividade de comprensión oral: Discovering Venice’s Carnival (Eider Carballeira Domínguez e María Rodríguez Valcárcel)

Imaxe
  Actividade de comprensión oral: Discovering Venice’s Carnival Eider Carballeira Domínguez María Rodríguez Valcárcel Didáctica da Ensinanza de Linguas Estranxeiras (2025-2026) Nome da actividade: Discovering Venice’s Carnival Nivel: 1º Bacharelato Temporalización (en que momento se usa, canto dura): Este vídeo é empregado dentro dun conxunto de actividades que se levarán a cabo na última sesión antes das vacacións de Entroido. Esta actividade atópase inserida dentro dun conxunto no que se traballará o Carnaval de tres partes distintas do mundo: Galicia, Venecia e Brasil. Estas actividades levaranse a cabo nunha primeira sesión de 55 minutos, e a presentación do debate final levarase a cabo nunha última sesión. Pre-comprensión: 10 minutos Visionado e escoita: 13 minutos (2 visionados do vídeo, que dura 4:58’). Tempo para a finalizacion da actividade durante o visionado e a súa corrección: 12 minutos Post-comprensión: 15 minutos Sesión a maiores: 50 minutos Obxectivos da actividade...

Diario de aula (tema 11): Deseño dunha avaliación formativa para a mediación creada (Eider Carballeira Domínguez e María Rodríguez Valcárcel)

Na clase do día 9 de febreiro volvemos sobre a  actividade de mediación ; neste caso, deseñamos unha avaliación formativa para esta actividade, en base ao proposto, os obxectivos e a rúbrica. A nosa proposta foi a seguinte: Deseñar avaliación formativa para a actividade de mediación creada, tendo en conta: Como imos aclarar, compartir e comprender as intencións da aprendizaxe e os criterios de avaliación? Previamente á realización do actividade, tras explicar as instruccións, compartirase co alumnado os obxectivos e a rúbrica, de xeito que se expliquen ambos pormenorizadamente e teñan acceso a eles durante todo o proceso de realización da actividade. Darase tempo para comprender, comentar e resolver dúbidas sobre as ferramentas achegadas. Como imos obter evidencia de que a aprendizaxe está a ter lugar? A docente, a través dunhas fichas individuais de cada alumno, levará a cabo un rexistro no que quedará constancia da realización das actividades e de como esta se axusta aos criterio...

Comentario crítico do tema 11

Introdución Existen tres tipos principais de avaliación: a inicial, a formativa e a final. Entre elas, a avaliación formativa destaca como ferramenta fundamental, pois proporciona un feedback continuo que resulta de gran utilidade tanto para o profesorado como para o alumnado. Este tipo de avaliación contribúe directamente á mellora do proceso de ensino-aprendizaxe, posto que lle permite ao alumnado identificar os seus puntos fortes e débiles, para así poder centrarse naquelas áreas nas que precisa máis traballo. De igual xeito, o profesorado pode detectar aquelas cuestións nas que o alumnado presenta maiores dificultades e abordalas de xeito directo. Para que unha avaliación sexa realmente efectiva  —independentemente do seu tipo—, esta debe ser transparente, presentar obxectivos claros, manter a coherencia e ofrecer múltiples formas de participación e avaliación .  Tal e como apunta Suskie: [...] ser justos implica proporcionar a los estudiantes no sólo muchas oportunidades...